Benvida

Desde a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) pretendemos acompañar ás empresas deste ámbito para impulsar a súa actividade económica a través do fomento da formación, a innovación e o deseño.

Buscamos apoiar as actividades que contribúan á creación de valor, axudando a mellorar a competitividade das empresas e potenciando as súas iniciativas. O obxectivo último é xerar riqueza no eido rural, fomentando o emprego de calidade e fixando poboación nesta contorna.

En Galicia contamos cun ecosistema forestal rico e variado, no que conflúen as empresas, as universidades e os centros formativos e de innovación, con profesionais altamente cualificados e profundamente coñecedores do seu oficio. Deste traballo conxunto nacerá un tecido industrial máis forte e novas oportunidades laborais.

Desexamos que esta web sexa de utilidade, non só como punto de información das actividades da Axencia, senón tamén como ferramenta que permita unha comunicación fluída e construtiva. Para elo, a través do correo electrónico da Axencia, xera.ceei@xunta.gal, podedes darnos a coñecer as vosas propostas ou suxestións que seguro nos axudarán a mellorar a nosa actividade.

Ignacio Lema Piñeiro, Director da Axencia Galega da Industria Forestal.