Convenios de colaboración


A Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) publica nesta sección a información relativa aos convenios de colaboración asinados por esta axencia que está recollida na Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
 

Convenio

Obxecto

Data
sinatura

Importe

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Medio Rural, a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da V edición da feira bienal Galiforest

Organización da feira bienal de carácter monográfico forestal internacional para o sur de Europa

27/06/2018

108.700€

Acordo Marco de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) – Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS Madeira) e a Fundación Catedral de Santiago para a realización de actuacións de recuperación e conservación do patrimonio en madeira da Catedral de Santiago de Compostela

Colaboración nas actuacións de recuperación e conservación das estruturas da Catedral de Santiago de Compostela

03/08/2018

Sen achega económica