Suxestións a normativa en tramitación

Un dos obxectivos da Axencia Galega da Industria Forestal e ser o centro de servizos ao que acuda o sector da industria forestal, madeireira e non madeireira, para analizar e implantar medidas que contribúan ao seu desenvolvemento, actuando como interlocutor da Administración fronte á totalidade de axentes económicos vinculados á industria forestal.

Nesta sección publicaranse os procedementos de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral que estén en curso, co obxectivo de darlle a posibilidade á cidadanía de remitir suxestións antes de superar a fase do trámite de audiencia ou, no seu caso, do informe final da secretaría xeral.

As suxestións enviaranse á dirección de correo electrónico xera.ceei@xunta.gal , ou ben a través de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Segundo o artigo 9 (Obrigas específicas de información de relevancia xurídica) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno sinala que debe facerse pública "c) A relación circunstanciada e motivada dos procedementos de elaboración de anteproxectos de lei e de disposicións administrativas de carácter xeral que estean en tramitación, a partir do momento en que se produza a aprobación do anteproxecto, con indicación do seu obxecto e estado de tramitación, así como a posibilidade que teñen as persoas de remitir suxestións e a forma de o facer". Pode acceder ao servizo premendo na seguinte ligazón: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion