Axencia Galega da Industria Forestal

Axenda de impulso da industria forestal

A Axenda de impulso da industria forestal-madeira é unha folla de ruta deseñada conxuntamente cos principais axentes para potenciar o sector e impulsar a bioeconomía como motor de competitividade, favorecendo unha sociedade saudable, neutra en carbono, baseada no emprego verde e no consumo de produtos locais.

Para acadar estes obxectivos, defínense catro eixes fundamentais:

  1. a mellora do capital humano a través da formación
  2. impulso á innovación
  3. a cooperación e a valorización
  4. a competitividade, desenvolvemento e diversificación do sector.

A través destes eixes e dun orzamento de 55,5 millóns de euros, a Axenda prevé mobilizar preto de 140 millóns de euros no reforzo da competitividade e da modernización dun sector clave no ámbito rural.

Coñece a Axenda en detalle: